Presentación en Picassa: Castelao, debuxante

Presentación con algunhas das máis coñecidas ilustracións de Castelao.



E se queres ver máis clica aquí.

O primeiro

Angela Ruiz Robles (1895-1975) visionó éraa das lousas dixitais con varias décadas de antelación. Unha mente privilexiada e unha profunda vocación pola pedagoxía e a educación ideou o primeiro precedente do e-book con tres obxectivos: alixeirar o peso das mochilas dos nenos, facer máis atractivo a aprendizaxe e adaptar o ensino ao nivel de cada estudante. Tomou forma nos talleres militares ferroláns nunha sorte de artefacto co carretes que na década dos sesenta a prensa considerou que «rozaba o mundo da abstracción». Construíuse cos materiais de entón e por iso, consideran os seus descendentes, non chegou a converterse en libro electrónico. Constaba de dous partes: a primeira, de coñecementos básicos: lectura, escritura, numeración e cálculo. Facendo presión en abecedarios e números formábanse sílabas, palabras e leccións. A segunda, funcionaba con bobinas, cada unha dedicada a unha materia. Todo baixo unha lámina transparente e irrompible, con cristal de aumento. E con luz, para que se puidese ler na escuridade. Ademais, podía incorporar son coas explicacións de cada tema. Todo no tamaño dun libro, «de facilísimo manexo e peso insignificante», describía a propia autora.